martes, 23 de febrero de 2010

VELLIÑO E FRIAXE

Hoxe tocoume "sala de espera". Hora e media de retraso da para moita conversa. Detrás de min estaban sentados un vello e unha vella, que non paraban de falar. O vello comenzou a queixarse do frío e a chuvia, e ela díxolle:
¿Como que tes frío?. Ti xa non te acordas de cando eramos novos. O frío que pasabamos naquela fábrica (esta era una zona con varias fábricas de conservas). Todo aberto, con aquela corrente, que tiñamos que taparnos con cartóns e caixas, coa barriga a medias e ata descalzos. Agora vivimos millor que nunca.
Ao que o vello contestou:
¿E aqueles camiños? Agora todo son carreteras. Aqueles camiños con aqueles tremedales donde se afundían os carros e despois non había quen pudera pasar. Eu ía poñendo pedras, unha diante da outra, para poder pasar. Pero tiñamos a forza da xuventude, pero agora xa non temos o mesmo sangue e eu por moita roupa que poña teño frío.

No hay comentarios:

Publicar un comentario